Saturday 04 de May de 2024

O grupo Oquetiqueiras teatro representará mañá sábado en Ons a súa obra “Raíñas”


O grupo Oquetiqueiras Teatro representará mañá sábado 24 de outubro, ás 20:30 horas, a súa obra “Raiñas” no teleclub parroquial de Ons. Unha peza incluída dentro do ciclo de teatro afeccionado “Teatro e punto”, que organiza o Concello de Brión. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar aforo.

“Raíñas” é unha divertida historia chea de crítica social na que unha ama de casa, unha prostituta e unha intelectual inician un proceso de catarsis persoal para cambiar as súas respectivas vidas. Unha obra que conta coa actuación de Fernanda Martínez, María Polo e Eva Castro.